Uncle Tupelo

Uncle Tupelo
OrixeBelleville, Illinois, Estados Unidos de América Estados Unidos
Período1987-1994
Xénero(s)Country alternativo
Rock alternativo
Country rock
MembrosJay Farrar
Jeff Tweedy
Mike Heidorn
Bill Belzer
Ken Coomer
Max Johnston
John Stirratt
Artistas relacionadosThe Plebes
The Primitives
Bottle Rockets
Son Volt
Wilco
Na rede
uncletupelo.com
Spotify: 2Plkkomsc4DKawkCioLKjc iTunes: 202277 Last fm: Uncle+Tupelo Musicbrainz: 95c043f1-0bdd-403a-b714-663908d7e4fc Songkick: 318177 Discogs: 273217 Allmusic: mn0000222927 Deezer: 71379 Genius: Uncle-tupelo Editar o valor em Wikidata

Uncle Tupelo foi unha banda de rock alternativo proveniente de Belleville, Illinois, activa desde 1987 a 1994. Jay Farrar, Jeff Tweedy e Mike Heidorn formaron o grupo despois de que o cantante da súa agrupación previa, The Primitives, abandonase para comezar os seus estudos universitarios. O trío gravou tres álbums con Rockville Records antes de asinar un contrato con Sire Records e converterse nun quinteto. Pouco tempo despois do lanzamento do seu cuarto álbum de estudio Anodyne, Farrar anunciou a súa decisión de abandonar a banda debido ás agres relacións que mantiña con quen compuña as cancións conxuntamente, Tweedy. Uncle Tupelo disolveuse o 1 de maio de 1994, tras unha xira de despedida. Tras isto, Farrar formou Son Volt xunto a Heidorn, mentres que os membros restantes continuaron xuntos, renomeándose Wilco.

A pesar de que Uncle Tupelo se disolveu antes de lograr éxito comercial, a banda é recoñecida polo seu impacto na música country alternativa.[1] O primeiro álbum do grupo, Non Depression, converteuse nun prototipo do xénero e foi amplamente influente. O son de Uncle Tupelo diferénciase da música country da época debido a que estaba influída por estilos tan diversos como o hardcore punk de Minutemen e o tipo de instrumentación e harmonías country de The Carter Family e Hank Williams. As letras de Farrar e Tweedy refírense frecuentemente á clase media e a clase obreira de Belleville.

  1. Erlewine, Stephen Thomas. "American Alternative Rock/Post-Punk" (en inglés). Allmusic. Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2010. Consultado o 8 de abril de 2011. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy